XERAL 
Inicio 
Novas 
¿Quén Somos? 
Actividades 
Organigrana 
Ligazóns 
Foro 
AREA DE ASOCIADOS 
Formulario de Alta 
Novas 
Documentación 
CONTACTO 
Listado de Asociados 
E-mail 
Enderezos 
Formulario 
Versión en Galego
Pulse para la versión en Castellano

¿Quén somos?

A Asociación Provincial de Academias de A Coruña é unha organización de empresarios da ensinanza que comparten unhas mesmas inquietudes educacionais e teñen por obxetivo fundamentela a calidade na súa acepción máis ampla.

Obxectivos

Únennos proxectos comúns. Participamos na formación continua dos traballadores (FORCEM), axudándolles a adapta-lo seu nivel de cualificación á realidade cambiante.

Tamén promovemos e impartimos formación dirixida á inserción laboral e mellora profesional das persoas (FIP).

Cubrimos aquelas necesidades de formación que a sociedade demanda en cada momento, adaptándonos ós cambios sociais, culturais e tecnolóxicos que se producen día a día.

Vantaxes de asociarse

A nosa unión permítenos afrontar e solucionar de forma máis eficaz problemas comúns, sen que pra iso perdamos en ningún momento a nosa identidade como centro.

Como grupo podemos afrontar proxectos de maior envergadura, así como labores de investigación e divulgación educativa que doutra forma nos sería moi dificil.

¿Quén pode asociarse?

Basicamente pode asociarse todo centro pivado que estea legalmente constituido e acepte o disposto nos estatutos da asociación. Para facelo basta con chamar á sede da Asociación onde o/a informarán dos trámites necesarios (Punta Arnela, s/n. Edif. Usos Múltiples, 2º Andar 15.405 - FERROL Tfn: 981 333322 - Fax: 981 333306 e-mail: aac@academiascoruna.com) ou pode tamén cubrir o formulario do área de asociados e nos, nos poñeremos en contacto con vostede.

 

novas - ¿quén somos? - actividades - organigrama - ligazóns
foro - listado de asociados - enderezos - formulario - e-mail